ESTATUTOS DA

ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA TRADUCIÓN E DA INTERPRETACIÓN (AGPTI)

 

            Artigo 23º.- Aquel/a que desexe pertencer á Asociación solicitarao por escrito á/ao Presidenta/e, que dará conta á Xunta Directiva. Esta resolverá sobre a admisión ou non admisión da/o solicitante con recurso ante a Asemblea Xeral.

 

Artigo 24ª.- A asociación integrarana 3 tipos de socias/os nos diferentes réximes que de seguido se detallan:

 

a)      Socias/os de pleno dereito

b)      Estudantes e licenciadas/os en Tradución e Interpretación

c)      Convidadas/os

 

            Artigo 25º.- Os requisitos de admisión das/os socias/os son diferentes para cada un dos tipos anteriormente citados:

a)      Socias/os de pleno dereito:

·        seren persoas físicas con capacidade de obrar e maiores de dezaoito anos ou persoas xurídicas legalmente constituídas;

·        no caso de seren persoas físicas, estar dadas de alta no rexistro da seguridade social como profesionais autónomas da tradución e/ou interpretación  (epígrafe 774) ou

·        contaren cun contrato laboral como tradutor/a ou intérprete, ou un en que os labores de tradución e interpretación sexan preeminentes;

·        no caso de seren persoas xurídicas, estar legalmente constituídas como tales con actividade de axencia de tradución e interpretación.

·        Tamén serán socias de pleno dereito as socias fundadoras.

b)      Estudantes e licenciadas/os en Tradución e Interpretación:

·        seren persoas físicas con capacidade de obrar e maiores de dezaoito anos;

·        estaren cursando estudos de Tradución e Interpretación;

·        ou teren a licenciatura en Tradución e Interpretación

c)      Convidadas/os:

·        seren persoas físicas ou xurídicas, as primeiras con capacidade de obrar e maiores de dezaoito anos;

estaren vinculadas/os dalgunha maneira ao mundo das/os profesionais da tradución e interpretación en Galicia.

--------------------

 

FORMALIZACIÓN DA ALTA NA ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA TRADUCIÓN E DA INTERPRETACIÓN (AGPTI)

 

1.     Enche o formulario que achegamos (por favor, asínao e pon a data ao final).

2.     Achega a seguinte documentación segundo a categoría de asociada/o á que queiras pertencer:

·       Profesionais/empresas: fotocopia da alta no IAE e do último boletín de cotización á Seguridade Social se exerces a profesión por conta propia. Carta, certificado ou calquera documento da empresa no que conste que estás contratada/o como tradutor/a e/ou intérprete ou que desempeñas este tipo de labor no teu posto de traballo se es profesional por conta allea.

·       Estudantes: fotocopia do resgardo de matrícula do curso actual.

·       Licenciadas/os: fotocopia do título ou resgardo.

·       Todas/os as/os asociadas/os: fotografía tamaño carné para incluír no carné de asociada/o.

3.     Envía a documentación ao enderezo postal da AGPTI:

Nebrixe, 4A

Bribes

15659 Cambre

 

 

Lembra que as cotas son de carácter anual e que ascenden a 60€ para profesionais e 24€ para estudantes e licenciadas/os.

ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS

DA TRADUCIÓN E DA INTERPRETACIÓN

 

DATOS XERAIS

APELIDOS E NOME:

ENDEREZO:

CÓDIGO POSTAL:                                     LOCALIDADE:

PROVINCIA:

CORREO ELECTRÓNICO:

PÁXINA WEB:

TELÉFONO FIXO:                             MÓBIL:                             FAX:

DATA DE NACEMENTO:

DNI/PASAPORTE:

ÁREA DE TRABALLO: TRADUCIÓN  q INTERPRETACIÓN q 

LINGUAS DE TRABALLO:

TRADUTOR XURADO (SE O ES, INDICA A TÚA COMBINACIÓN LINGÜÍSTICA):

 

INTÉRPRETE XURADO (SE O ES, INDICA A TÚA COMBINACIÓN LINGÜÍSTICA):

 

TIPO DE ASOCIADA/O

ESTUDANTE       q                      LICENCIADA/O      q                PROFESIONAL q

ORGANISMO        q                     EMPRESA                   q

DATOS BANCARIOS

BANCO OU CAIXA:

Nº DE CONTA (20 DÍXITOS)  qqqqqqqqqqqqqqqqqqqq

ÁREA DE TRABALLO DE INTERESE DENTRO DA ASOCIACIÓN

XESTIÓN INTERNA (compilación de información referida á profesión, seguimento de DOGA e BOE)        q

ACTIVIDADES (de promoción da actividade profesional, do galego, de formación)                                   q

BUSCA DE RECURSOS E FINANCIAMENTO                                                              q

INTERACCIÓN CON OUTRAS ASOCIACIÓNS SIMILARES                                      q

Data e sinatura