Asociación de Tradutores Galegos

Estatutos

 

Art.- 28º
    Poderán ser membros da asociación, libre e voluntariamente, as persoas físicas e as persoas xurídicas, legalemente constituídas, sexan estas públicas ou privadas, que traducisen ao galego e do galego e publicasen en edición comercial ou en formato electrónico, polo menos un libro, ou o seu equivalente a xuizo da xunta directiva, nos 5 anos anteriores ao momento da solicitude de ingreso. Os candidatos serán admitidos pola xunta directiva. Poderase outrorgar o nomeamento de mebro honorario ás persoas que se estime oportuno, despois dunha deliberación na asemblea xeral, a proposta da xunta directiva, sen que iso leve consigo a condición xurídica de asociado
    As persoas físicas deberán ter capacidade de obrar e non estrán suxeitas a ningunha condición legal para o exercicio do dereito.
    As persoas xurídicas de natureza asociativa requirirán, para formar parte da asociación, o acordo expreso do seu órgano competente e as de natureza institucional o acordo do seu órgano rector.

Art.- 29º
    Aquelas persoas que desexen pertencer á asociación solicitarano por escrito ao/á presidente/a, o/a cal dará conta á xunta directiva, que resolverá sobra a admisión ou inadmisión ante a asemblea xeral. Na solicitude deberá constar explícitamente a aceptación de todas as condicións establecidas nos estatutos.
    A xunta directiva deberá resolver cada solicitude de ingreso no prazo de trinta días contados a partir da súa recepción. A resolucion negativa desta poderase recorrer perante a asemblea xeral ordinaria.